xv_regata_fontefria

No verán de 1980 nacía oficialmente o Clube Fontefría. Dúas piraguas e palas de madeira foron o primeiro material dun Clube que este ano cumple 40 na súa singradura. Conta Lino Perdiz, alma máter da entidade, que no ano 77 cando foi estudar a Lugo puido ver como se practicaba este deporte pois “había deportistas de élite que non xogaban ao fútbol”. O fundador explica que “debido a que no verán en Muiños non había moito que facer decidín meterlle á mocidade da zona a idea da piragua”.

Aquelas dúas piraguas gardábanse no antigo cuartel da Garda Civil de Muiños, “xa que os fillos dos gardas tamén remaban” e cargábanse ata o río para poder practicar alí. Entre tódolos deportistas, antes dos adestramentos, fóronse poñendo as primeras pedras do que posteriormente sería o hangar do clube. O resto das instalacións chegarían uns anos depois ata conformar o que hoxe é o complexo da Sociedade cultural, deportiva e xuvenil Fontefría. Todo isto significou o inicio e o impulso da zona da ribeira do encoro das Cunchas en Muiños, converténdose hoxe nun dos principais complexos náutico- deportivos e de lecer da provincia de Ourense.

Neste 2020, coas dificultades que a situación sanitaria implica, celébranse os 40 primeiros anos desta andadura. Non se puideron facer actos, por iso, esta 15ª edición da Regata de piragüismo Fontefría será o acto oficial de corenta aniversario. Ademais, este ano a nosa regata será Campionato provincial de piragüismo e pechará o calendario galego de regatas coa participación dos cinco clubes da provincia de Ourense e con máis dun cento de deportistas.

xv_regata_fontefria

Leave a Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.