Historia
A Sociedade Cultural Deportiva e Xuvenil Fontefría naceu no ano 1980 por iniciativa dun grupo de afeccionados ao piragüismo que practicaban a navegación no encoro das Cunchas, sobre o río Limia. A idea xurdiu da cabeza de Lino Perdiz que con outros amigos de Muíños empezaron a afeccionarse e mercaron unhas piraguas. Un día observando os picos de Fontefría decidiron montar o clube e pórlle ese nome.
Esta sociedade foi pioneira na provincia en apostar por este deporte e hoxe é un dos clubes de piragüísmo máis senlleiros de Galicia dos que permanecen en activo.
Nos seus primeiros tempos os piragüístas, a falta de medios, tiñan que trasladar as piraguas persoalmente a pé dende o pobo ata o encoro, co paso do tempo mercouse un terreo a beira do embalse e fíxose a pista polideportiva, un local para os socios do clube e o hangar das piraguas.
Ademais de todo isto a Sociedade supuxo un foco dinamizador da zona e do municipio xa que a raíz disto o Concello fixo o cámping e o albergue, o que hoxe se converteu no Complexo turístico deportivo O Corgo.
Instalacións
A Sociedade Cultural, Deportiva e Xuvenil Fontefría ten as súas instalacións no Complexo Turístico- Deportivo da praia fluvial do “Corgo”, no termo municipal de Muiños, ao sur da provincia de Ourense. Goza de amplas e renovadas instalacións entre as cales se atopan:
- Local social, café- bar.
- Oficinas.
- Hangar equipado con vestiarios independentes e máquinas de ximnasio.
- Pista polideportiva exterior: fútbol, baloncesto, tenis e voleibol.
- Pista de volei praia de area.
- Piraguas: kayaks, canoas, iniciación, augas bravas…
- Veleiro clase Optimist.
- Lancha motora para seguimento de adestramentos e rescate.
As instalacións están a beira do encoro das Cunchas, que ten unha extensión de 10 km. de longo con augas navegables (augas de tipo I). É un lugar idóneo para a práctica de deportes náuticos e dunha beleza envexable. Ademáis sitúase no Parque Outeiro da Cela, un fermoso espazo natural con máis de 150 especies distintas de árbores, todas catalogadas, e con varias rutas de sendeirismo que o percorren.
Outras instalacións dispoñibles na zona son:
- Amplas zonas de aparcamento.
- Camping con 300 plazas e espazos para autocaravanas. Equipado con tódolos servizos.
- Bungalows, casas de turismo rural, casas de aluguer…
- Cafeterías, restaurantes e outras zonas para xantar como merendeiros.
- Miradoiro e vistas panorámicas.
- Pantaláns e rampas á auga.
- Duchas e WC’s.
- Enfermería e servizo de socorrismo.
Ás nosas actividades pódense sumar outras moitas: rutas a cabalo, paintball, barranquismo, escalada…, só tes que consultarnos. FAINOS UNHA VISITA!