A SCDX Fontefría desenvolve as seguintes actividades deportivas:
- Equipo de competición de piragüismo de augas tranquilas. Dese os sete anos.
- Cursos de iniciación e perfeccionamento con monitores titulados.
- Aluguer de material náutico: piraguas individuais ou dobres, barcas de pedais…
- Paseos polo encoro das Cunchas en piragua (2 h.- 3 h.)
- Cursos e excursións en piragua para grupos, colectivos, casas de turismo rural, colexios…
Todas as actividades inclúen chalecos salvavidas e seguro de actividade. Ademáis as excursións e paseos están acompañadas de monitor. Formar parte do equipo de competición e os cursos de iniciación e perfeccionamento inclúen tamén a correspondente ficha federativa.
IMPORTANTE: É preciso saber nadar para poder realizar actividades acuáticas, así o esixen os regulamentos da RFEP.