XI Regata Fontefría

Campionato provincial de piragüismo

O vindeiro domingo 26 de xuño celebraráse, no encoro das Conchas, a XI edición da Regata de piragüismo Fontefría, puntuable para a Copa Deputación de Ourense de piragüismo 2016.

Este ano a regata é a segunda do calendario provincial, coincidindo unha vez máis coas festas patronais de San Pedro. Ademais, este 2016, a regata organizada pola Sociedade, cultural, deportiva e xuvenil Fontefría, será Campionato provincial, polo que a expectación é máxima.

Preto de 200 deportistas acudirán á cita na praia do Corgo, que un ano máis acollerá a proba. A regata comezará sobre as 11:00 e ten previsto rematar coa entrega de trofeos e premios ás 14:00 horas.